versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Arranca a primeira feira de saldos de Brión, que reúne a máis de cincuenta establecementos

[05/06/2009]

A primeira feira de saldos de Brión abrirá as súas portas esta mañá no centro comercial Monte Beado con máis de cincuenta establecementos participantes. A feira manterase ata o día 7 para ofrecer a prezos competitivos os produtos de comercios de moda, electrónica, fogar, mobles, calzado, alimentación e complementos, entre outros, aínda que o Concello tamén terá un posto institucional que incluirá un espazo para os artistas participantes nos cuartos Encontros de Arte e no que poderán vender as súas obras.

A entrada a esta feira será gratuíta e o horario de apertura manterase dende as dez das mañá ata as dez da noite de xeito ininterrompido. A organización ofrece un servizo gratuíto de gardaría, para facilitar as compras dos pais, así como aparcamento, ademais de acceso a Wifi. No centro comercial haberá tamén servizo de restaurante e cafetaría para os visitantes.

A feira contará para a súa inauguración co alcalde brionés, Xosé Luís García, e o presidente da recén creada Asociación de Empresarios Altamira, José Manuel Abelleira.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion