versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O pleno brionés aproba unha partida de 750.000 euros para a nova piscina e outras obras

[05/06/2009]

O pleno do Concello de Brión aprobará esta tarde unha modificación de créditos por importe de 749.127 euros para poder afrontar obras en tres proxectos de interese para o municipio, como a nova piscina climatizada, a nova casa consistorial e obras de saneamento. Para a piscina destinaranse 334.000 euros, ademais doutros 52.000 para a redacción do proxecto desta instalación, co que o Concello poderá remitir xa á Deputación a documentación precisa para acceder a unha subvención dun millón de euros, que xa foi concedido por parte do organismo provincial.

Esta instalación enmárcase nun proxecto máis amplo que custa 4,5 millóns e que contempla a construción tamén dun ximnasio cardiovascular e de musculación e outro especializado en ciclismo indoor, ademais de dúas salas para actividades deportivas. No exterior quérese construír pistas de pádel e de multideportes.

En canto ás obras de abastecemento, coa modificación de crédito destinaranse 46.000 euros, mentres que os restantes 316.000 serán para a casa consistorial, para afrontar un modificado do proxecto orixinal.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion