versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Unha ponte sobre a ría conectará co corredor entre Brión e Noia

[04/06/2009]

O itinerario, que evitará o núcleo de Eiroa, conectará co corredor de Brión na marxe esquerda da ponte de Ceilán ·· La previsión da Xunta para a apertura ao tráfico da nova infraestrutura é no ano 2011. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas fixo público onte a través do Diario Oficial de Galicia o trazado polo que se decantou para a variante de Noia. Fontes do departamento que dirixe Agustín Hernández explicaron que se aprobou provisionalmente o estudio informativo de conexión do corredor Brión-Noia coa estrada AC-550 en Taramancos a través dunha ponte sobre a ría.

Desta forma, o Goberno galego retoma a alternativa 2 para a construción desta variante, anulada polo bipartito, e descarta a opción que este propoñía, polo interior.

O DOG publicou onte a resolución pola que se somete a información pública o devandito estudio e ábrese un prazo de 30 días para poder presentar alegacións. O expediente poderase consultar na Dirección Xeral de Infraestruturas, na xefatura provincial de Estradas, nos concellos de Noia, Lousame e Porto do Son, así como na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. O presuposto das obras ascende a 35.728.720 euros, que supoñen, segundo Medio, unha redución de case trinta millóns respecto á proposta do bipartito, que superaba os 66 millóns.

Segundo avanzaron as mesmas fontes, a alternativa 2 da variante estará finalizada en 2011, evitará o núcleo de Eiroa e conectará co corredor Brión-Noia por a marxe esquerda da ponte de Ceilán. Ademais, explicaron que o cambio do trazado responde á necesidade de conectar o final da ponte co corredor. Ao mesmo tempo, a Xunta anunciou que impulsará a construción dunha estrada convencional entre o corredor e o vial de Boiro, así como un plan de sinalización e mellora de viais de Lousame.

Trazado da variante

O trazado da variante ten unha lonxitude de 4.857 metros e unha anchura de máis de 10 metros, na que se inclúen beirarrúas. Na ponte sobre a ría engadirase un paseo peonil de 2,5 metros de ancho, que contará con ramplas de acceso en Testal e A Barquiña.

A variante parte do núcleo de Taramancos, onde se separa da AC-550 e dáse prioridade á nova vía. Unha vez superado o enlace, o trazado discorre ao norte do núcleo e presenta un paso superior sobre a variante para restituír un camiño de conexión entre a costa e Taramancos. A continuación sitúase o semienlace de Punta Rebordiño, que permite o acceso e saída de vehículos de Testal.

O trazado continúa coa ponte sobre a ría, cunha lonxitude de 1.470 metros, que salva ademais a estrada de acceso a Testal. Na zona nordés pasará por enriba da rede viaria.

A variante xira cara ao nordés evitando, mediante un viaduto, a zona de aparcamento do centro comercial de A Barquiña e unha rúa. Ao final do trazado construirase un enlace tipo glorieta baixo a estrada, que servirá de conexión coa AC-550. Esta obra mellorará as comunicacións entre O Son e Muros, permitindo un aforro de 10 quilómetros, e en entre O Son e Santiago, rebaixando 4 quilómetros a distancia actual.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion