versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión acolle esta fin de semana unha homenaxe musical e poética a Celso Emilio Ferreiro

[02/06/2009]

Un total de 33 artistas de toda Galicia participarán esta fin de semana na cuarta edición dos Encontros CoA Arte, que cada ano organiza o Concello de Brión. Un proxecto cultural que este ano renderá homenaxe ao escritor ourensano Celso Emilio Ferreiro, despois de que nas tres edicións anteriores se homenaxease a Rosalía de Castro, Álvaro Cunqueiro e Eduardo Blanco Amor.

Durante estes dous días, Brión acollerá poetas, escritores, pintores, escultores e fotógrafos que ofrecerán a súa visión do municipio. Están programadas sesións de pintura ao natural en enclaves como o río Pego, o ámbito da igrexa parroquial de Os Ánxeles e o ámbito da igrexa parroquial de San Fins de Brión.

Cada un dos artistas participantes nestes encontros doará unha das obras que realice nunha destas tres sesións. Un cadro que pasará a formar parte da pinacoteca do futuro museo de Arte do Concello de Brión. Entre os artistas invitados están: Alfonso Costa, Anxos Jorreto, Pablo Bouza, Eva Veiga, Luis Romero, Rafa Regueiro, Víctor Rey, Daniel Buján, María Manuela, Miguel Anxo Fernán Vello e Xulio López Valcárcel.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion