versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Feira de Saldos de Monte Beado contará con máis de cincuenta expositores

[02/06/2009]

A Asociación de Empresarios de Brión organiza a Feira de Saldos, que se celebrará na área comercial Monte Beado de Os Ánxeles, entre o venres día 5 e o domingo 7, entre as dez da mañá e as dez da noite. O acceso ao recinto e o aparcamento será gratuíto e, entre os asistentes, realizaranse sorteo de regalos.

Os organizadores contan coa asistencia de cincuenta expositores de toda Galicia, o que superou as previsións iniciais e obrigou á asociación a ampliar o espazo da feira. Prevese contar con máis de mil metros cadrados para expositores. A feira multisectorial contará cunha oferta variada e os clientes poderán atopar roupa de muller, home e nenos; calzado, ópticas, tendas de complementos, electrónica. Todos os produtos que se exporán na feira ofrecerán importantes descontos.

O colectivo empresarial Altamira terá o seu propio stand, co fin de divulgar o seu labor e captar novos socios. Os organizadores apuntan que se conta co apoio do Concello, que contará cun posto propio para informar os asistentes das riquezas turísticas do municipio.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion