versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A silueta das torres de Altamira, a cor verde e a letra B forman o logotipo do Concello de Brión

[30/05/2009]

Os brioneses coñeceron na noite do venres o logotipo que a partir de agora servirá para identificar a institución do Concello de Brión. O deseño utiliza a cor verde como símbolo da riqueza natural das terras de Bastavales e tamén recolle a silueta das ruinas das torres de Altamira, que son un dos monumentos que máis se coñecen fóra das súas fronteiras.

O logo tamén inclúe na súa base a dirección da páxina web do Concello: concellodebrion.org. Ao acto de presentación acudiron numerosos veciños que tamén revisaron as 110 alternativas presentadas ao concurso convocado polo Concello.

A edila de Cultura de Brión, Patricia Vázquez, fixo de anfitriona do debuxo elixido e tamén do seu autor, Borja Sánchez Collado, de Vizcaya, que recibirá cincocentos euros en concepto de premio a cambio da cesión dos dereitos de autor do logo e da propiedade intelectual do seu deseño, considerado sinxelo e representativo.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion