versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Suspenden o encerro no colexio de Brión ao convocar a Xunta unha reunión cos pais

[30/05/2009]

A asociación de nais e pais do colexio de infantil e primaria de Brión decidiu suspender o encerro que planificaran para a noite do venres despois de que a Consellería de Educación respondese á solicitude do colectivo para modificar o horario do centro educativo.

Finalmente, e cando a asociación Andaravía confirmara que o colectivo pasaría a noite do xoves ao venres no colexio, representantes da Consellería de Educación invitáronlles a unha reunión informativa para o próximo luns a partir das 17.30 horas nas propias dependencias do centro de Pedrouzos.

Os pais consideran que o horario do centro, que arranca ás 10.15 horas non é o máis adecuado para favorecer a conciliación familiar e laboral. A pretensión do colectivo é que as clases comecen no colexio de Pedrouzos en torno ás nove da mañá, como acontece nos demais centros do ámbito.

O principal problema para esta modificación está na organización do servizo do transporte escolar.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion