versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A asociación de pais de Brión organiza un encerro esta noite para cambiar o horario do colexio

[29/05/2009]

A Asociación de Nais e Pais do colexio de Pedrouzos (Brión) decidiu organizar hoxe un encerro nas instalacións educativas en demanda dunha resposta da Consellería de Educación á súa solicitude de que este colexio cambie o horario escolar para o próximo curso. Os pais reclaman que as clases comecen en torno ás nove e media da noite e non ás dez e cuarto, como acontece dende hai anos.

A asociación de pais Andaravía considera que este horario dificulta enormemente a conciliación familiar e laboral e provoca que un bo número de nenos permanezan demasiadas horas no colexio, xa que os seus pais deben utilizar o servizo de almorzos escolares e trasladar os seus fillos antes das oito da mañá.

Os pais contan co apoio da comunidade educativa de Brión e tamén de todos os partidos da corporación. De feito, tanto o alcalde, Xosé Luís García, como o voceiro do PP, Carlos Tomei ofreceron a súa mediación para reclamar á Xunta un cambio nos horarios. O horario actual é consecuencia directa da distribución dos horarios dos servizos de transporte escolar nos colexios próximos.

Anterior intento

Os pais xa organizaron semanas atrás un encerro, pero anulárono ao recibir información de que responsables da Xunta reuniríanse con eles para estudar a situación do centro. Dado que estes contactos non se produciron, o colectivo decidiu encerrarse no colexio durante toda unha noite para reclamar así a atención da Consellería.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion