versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Saída do grupo de voluntariado ambiental pola parroquia de Ons

[09/05/2007]

DORA VIEIRO | Técnico de voluntariado do Concello de Brión

Desde o último trimestre do ano 2006 estase a desenvolver en Brión un proxecto de voluntariado ambiental promovido pola Oficina Municipal de Voluntariado en colaboración coa asociación “Argallando, educación e tempo libre”, proxecto que xurde a raíz do traballo desenvolvido por esta asociación, contando co apoio da Consellería de medio ambiente e desenvolvemento sostible, no eido da educación ambiental.
A última actividade que levou a cabo este grupo de voluntarios foi a realización dunha saída pola parroquia de Ons, o día sábado 28 de abril, a primeira das nove programadas, unha por cada parroquia, co obxectivo de, por unha parte, coñecer o concello e a súa riqueza natural, patrimonial, histórica e cultural e, por outra, facer un inventario de diferentes aspectos dos roteiros nos que sería preciso actuar con posterioridade (focos de contaminación, vertedoiros incontrolados,,,). A finalidade última destas saídas é promover a recuperación, sensibilizar á poboación respecto á protección do medio e crear un grupo de voluntariado-educación ambiental que teña continuidade.
Esta primeira saída percorre as 6 aldeas que forman a parroquia de Ons. Saíndo das instalacións de piragüísmo da Ponte Ínsua, a ruta discorre pola beira do río Tambre, zona incluída na Rede Natura 2000, atravesa Salaño Pequeno, A Igrexa, Fonteparedes e Pazos, volvendo a un tramo de monte perto do río Chavielos, en Ons de Abaixo.
Nesta primeira saída fíxose xa un pequeño inventario de puntos negros para limpar, árbores curiosas para catalogar, elementos patrimoniais e outros aspectos curiosos da zona sobre os que actuar posteriormente 


información sobre o proxecto

enlace a concellodebrion.org

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion