versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Reclaman o adianto do horario no CEIP de Pedrouzos

[29/05/2009]

A ANPA Andaravía encerrarase hoxe en Brión. Aos pais de alumnos do colexio de Pedrouzos (Brión), e máis en concreto aos da ANPA Andaravía, os seus fillos quítanlles o sono. Por iso decidiron protagonizar un encerro para reclamar o adianto da xornada educativa ás 09.30 horas, polo que varios valentes acudirán hoxe ás 21.30 horas ao centro para pasar a noite.

As concentracións, segundo apuntaba un voceiro de Andaravía, seguirán ao longo da semana que vén, "porque a Xunta aínda non se puxo en contacto con nós para darnos unha resposta; ¿novas oficiosas? ás que queiras, pero nada en firme", apuntaba. Ademais, outra das medidas que teñen previstas é volver colocar pancartas -entre elas un gran reloxo- tras ser retiradas as que lucían no exterior do CEIP.

Segundo Andaravía, hoxe esperan reunir unha vintena de pais para pasar a noite, e tamén apuntan que non pensan cejar nas súas reivindicacións. A Xunta aducía no seu día os problemas de rutas de transporte para rexeitar a medida.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion