versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O colexio brionés de Pedrouzos estudará novas protestas para conseguir o cambio de horario

[26/05/2009]

Os pais celebrarán o xoves unha asemblea ante a falta de resposta de Educación. Di o refraneiro que o que espera, desespera, pero no caso da comunidade educativa de Brión, que dende fai polo menos dous anos reclama un cambio no horario do centro, este desespero substituíuse polo debate asambleario para estudar novas medidas de protesta en caso de que a súa demanda non sexa atendida.

Así, se o pasado día 8 renunciaban á súa idea inicial de encerrarse a menos unha noite para chamar a atención do novo Goberno autonómico porque recibiron informacións extraoficiais de que as súas demandas ían por bo camiño, agora non descartan reformularse esta medida ante a falta de resposta formal á súa solicitude.

Iso si, neste longo compás de espera recibiron unha carta da Xunta na que lle denegaban o cambio de horario, aínda que tal misiva, segundo se lles dixo aos pais por unha canle tamén extraoficial, a enviou un cargo vinculado ao bipartito, polo que tal resposta en realidade non se corresponde con sentir dos actuais gobernantes.

Pero malia esta alentadora información, os pais seguen esperando unha resposta á solicitude remitida ao superdelegado de A Coruña, Diego Calvo. A asociación de nais e pais Andaravía deuse de prazo ata mañá xoves, xornada para a que xa convocaron unha asemblea, que se celebrará a partir das oito da noite.

O colectivo de pais e nais de alumnos conta co apoio de toda a comunidade educativa e tamén dos grupos políticos de Brión. De feito, tanto o alcalde, Xosé Luís García, como o voceiro do Partido Popular, Carlos Tomei, ofrecéronse para mediar ante a Xunta para conseguir o cambio de horario.

A asociación de pais considera que o inicio das clases ás 10.15 horas é demasiado tardío, xa que dificulta enormemente a conciliación familiar e laboral e provoca que os nenos saian moi tarde de clase, coa agravante de que un bo número de escolares permanecen no centro dende moi cedo porque os seus pais deben madrugar e almorzan no colexio grazas ao servizo de gardaría e atención promovido polos propios pais.

A demanda do colectivo é que as clases comecen sobre as 9.30 horas, ao igual que acontece na maior parte dos colexios do ámbito.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion