versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Cincuenta comercios participarán na I Feira de Saldos de Brión

[26/05/2009]

Celebrarase no centro Monte Beado os días 5, 6 e 7 do mes de xuño. A Asociación de Empresarios Altamira de Brión quere celebrar a súa primeira Feira de Saldos ao grande. E para iso elixiron un marco singular, o centro comercial Monte Beado de Os Ánxeles, atraendo ata a data medio centenar de comercios "que cobren dende a oferta téxtil ata a de electrónica ou de óptica", segundo explicaba a xerente do certame, María Vidal.

A cita, que terá lugar o 5, 6 e 7 de xuño de 10.00 a 22.00 horas, será de entrada gratuíta, e polo de pronto xa estase a pensar en reservar máis espazo "porque dos 1.000 metros cadrados que tiñamos pensados, xa estaría ocupado o 95% desta área", apunta Vidal.

Ademais, a oferta non queda no sector comercial, xa que a hostalaría estará representada cunha cafetaría e o novo restaurante Los Palacios, na planta superior.

Igualmente, pensouse nos peques, habilitando un servizo de gardaría, co fin de facilitar aos maiores as compras, ao igual que se reservou un espazo para aparcar.

Encontro cos pintores

Entre os alicientes que incorpora esta primeira feira, na que os visitantes poderán adquirir garantías e artigos a prezos moi atractivos, está o Encontro cos pintores, que permitirá que os visitantes adquiran cadros expostos na segunda planta do centro comercial Monte Beado.

Tamén haberá sorteo de regalos, como un televisor LCD, unha reunión termal ou unha cea para dúas persoas no restaurante Abelleira.

A asociación de empresarios de Brión encontará no recinto co seu propio stand, ao igual que o Concello.

Hai que indicar que os empresarios interesados en sumar o seu comercio a esta cita, que ofrecerá auténticas gangas, poden facelo na web www.feiradesaldosdebrion.com ou ben chamando ao móbil 698 135 720.

Sinalar, finalmente, que na actualidade, a asociación Altamira está conformada por cincuenta comercios brioneses, e a preside o coñecido hostaleiro José Manuel Abelleira.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion