versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Novos voluntarios actuaron como mediadores no Noitebús contra o consumo de drogas

[26/05/2009]

Un total de 20 mozos actuaron como voluntarios dos concellos de Ames, Brión e Negreira na campaña de prevención do consumo de drogas entre os adolescentes levada a cabo nas liñas de Noitebús durante estas festas da Ascensión en Santiago.

Os mozos actuaron como mediadores trasladando aos usuarios do autobús a información sobre os prexuízos das drogas exposta nas xornadas de formación impartida por a técnico responsable do programa de prevención de drogas que levan a cabo conxuntamente os tres municipios. Durante os pasados días festivos, os mediadores charlaron cos mozos co obxectivo de sensibilizalos nos efectos do tabaco, o alcohol e outro tipo de drogas.

Ademais, estase a realizar un estudio cos novos usuarios do Noitebús para coñecer o grao de aceptación da campaña e a percepción xuvenil dos efectos das drogas.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion