versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Fútbol e sede barcalesa para a visita de Moreda

[26/05/2009]

Inaugurará o novo estadio. Falta o 41% do presuposto para o local de minusválidos en Ás Brañas. O sono dos futboleros de Brión cumpriuse, e para dar fe diso o presidente da Deputación, o socialista Salvador Fernández Moreda, inaugurará hoxe (17.30 horas en Brión) o novo campo de fútbol de herba artificial. Tamén visitará as obras nas travesías de Liñares-Luaña e, nesa mesma visita, está previsto que o rexedor de Negreira, Juan García, solicite o 41% do presuposto que resta - uns 90.000 €- para facer realidade a nova sede da Fundación de Minusválidos que atende usuarios barcaleses.

En canto á inauguración do estadio, está previsto que ao seu termo disputen un partido os peques das escolas deportivas. O terreo de xogo mide 90 metros de longo por 60 de ancho, e dispón de marcas e equipamento para albergar dous terreos de xogo de fútbol sete, ademais de torres de luz artificial para xogar de noite.

Con respecto á sede prevista para os minusválidos en Negreira, hai que recordar que Agader xa concedeu 108.092 euros, o 48% do importe, mentres que as achegas de obras sociais e entidades -entre elas La Caixa e a Fundación Romeiro de A Baña- sumarán polo menos outros 25.000 euros. Así, só restaría o 41% do total, uns fondos imprescindibles para dignificar o labor da fundación, que agora opera nunhas vellas instalacións municipais. O rexedor de A Baña, Andrés García, espera acudir tamén á Xunta.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion