versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Continúa a campaña de prevención de consumo de drogas no noitebús de Ames, Brión e Negreira

[20/05/2009]

O programa de prevención de drogodependencias promovido conxuntamente por os concellos de Ames, Brión e Negreira, continúa coa campaña de información entre os usuarios das liñas de noitebús co obxectivo de concienciar os seus usuarios sobre os problemas derivados do consumo de estupefacientes, alcohol e tabaco.

Proba diso é que, coincidindo coas festas da Ascensión, unha vintena de voluntarios dos tres municipios acudirán ás distintas paradas do noitebús para divulgar información. Como fase previa, estes mozos participaron en varias xornadas de formación impartidas pola responsable técnica do programa, que está dirixido fundamentalmente á comunidade educativa. Ademais dos concellos, a Consellería de Sanidade tamén participa neste proxecto a través do Sergas.

A campaña denomínase Vou con tento, veño contento, e ademais de incidir na política de prevención tamén está a elaborar un estudio con novos usuarios das liñas de noitebús para coñecer o grao de aceptación da iniciativa e a percepción que teñen os mozos sobre o risco asociado ao consumo de drogas.

Esta actividade coincide cun reforzo das liñas de autobús nocturno en dirección a Santiago durante esta ponte, xa que na noite mañá tamén estará operativa esta liña de transporte.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion