versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Industria revisa o caso das 22 vivendas de Brión sen luz para restablecer o servizo

[19/05/2009]

Os afectados inician unha campaña reivindicativa dende Internet. Os propietarios das 22 vivendas da urbanización brionesa Residencial A Senra, que non teñen subministración de enerxía eléctrica por un problema económico entre o promotor Juan Sampedro e a empresa instaladora (o que impide que se poidan instalar colectores individuais nas vivendas), están á espera de que a Delegación Provincial da Consellería de Industria revise o expediente do seu caso para ver se é factible solucionar o problema.

Mentres tanto, os afectados reciben subministración eléctrica grazas a un xerador de gasóleo que contrataron cos seus propios medios económicos, o que lles permite recibir unha mínima cantidade de enerxía para non ter que abandonar as vivendas, xa que todo o equipamento da urbanización funciona con este tipo de enerxía.

Segundo as previsións dos propietarios, agrupados en 15 ocupantes de pisos e catro chalés anexos, a resposta da Delegación Provincial de Industria podería chegar ao longo do día de hoxe. Non obstante, como non as teñen todas consigo, decidiron incrementar a súa campaña de protesta para denunciar publicamente que malia ser propietarios de vivendas que están escrituradas e pagar todos os impostos, non poden ter servizo eléctrico nos seus fogares.

De forma paralela, mantiveron novos contactos con Unión Fenosa para que a empresa lles restableza a subministración mentres buscan unha solución definitiva ao conflito. Segundo este colectivo, a solución que lles dá esta empresa para conectar a urbanización á rede eléctrica é que sexan os donos dos pisos os que aboen a débeda que o promotor ten contraída coa empresa que fixo a instalación e que debe certificar os traballos.

Os afectados calculan que esta débeda rolda os sesenta mil euros, unha cantidade que, en realidade, lle correspondería asumir ao promotor, porque forma parte das obras das vivendas, que precisamente non reciben licenza de primeira ocupación porque faltan estes traballos e a súa correspondente certificación.

Unha denuncia audiovisual

Ante o temor de que o problema non se solucione a curto prazo, como primeira medida elaboraron un vídeo con imaxes da urbanización, situada na comarcal de Noia, a sete quilómetros de Santiago e a menos de cincocentos metros da conexión coa autovía Santiago-Brión.

Este documento audiovisual mostra a rúa A Senra, que aínda ten postes das liñas de teléfono no asfalto e a un metro das beirarrúas, e ofrece un percorrido polos chalés e o bloque de vivendas baixo o ruído que produce o xerador que instalaron para recibir unha mínima subministración de electricidade. Ademais, crearon a dirección de Internet 22casassenluz@gmail.com, para canalizar as nova actividades que organicen.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion