versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Sen luz e co soto inundado

[15/05/2009]

Os veciños de A Senra, en Brión, viviron a súa primeira noite ás escuras e achicando auga durante horas porque as bombas de extracción son todas eléctricas. Os culés acérrimos sempre recordarán co mel nos labios a noite do mércores. Pero a esa hora, os veciños da urbanización A Senra, de Brión, e o servizo de Protección Civil da localidade non estaban para celebrar ningún gol, senón que todos os seus esforzos e os cinco sentidos estaban en plena tarefa de achique de auga para evitar unha nova inundación do soto do inmoble.

O mércores non será un día para o recordo nesta urbanización, xa que a xornada negra comezou pasadas as nove da mañá cando se fixo efectivo o corte de luz en todas as vivendas polo non pagamento dun recibo de luz de máis de catro mil euros.

Este non pagamento é consecuencia directa dos problemas financeiros da promotora das vivendas, que debe parte dos traballos á empresa instaladora, que á súa vez é a encargada de certificar os traballos para que as vivendas poidan ter contadores de luz.

Non ter subministración eléctrica nunha vivenda na que absolutamente todo funciona con este tipo de enerxía provocou que as bombas de achique de auga non funcionasen, nin tampouco o sistema de alarma deseñado para avisar ante o risco dunha inundación.

Cando os veciños que nese momento se atopaban na urbanización se decataron do acontecido, a auga estaba a punto de invadilo todo, e provocar un estrago aínda maior, xa que o deseño desta urbanización reservou o espazo para o trasteros no soto, xunto aos vehículos.

Os veciños deron a voz de alarma e pediron axuda aos servizos de emerxencia brioneses, que chegaron case de inmediato e se puxeron a traballar ata que a situación quedou baixo control.

Concluído un día que non esquecerán, os escasos ocupantes que seguen vivindo na urbanización Residencial A Senra regresaron ás súas casas para continuar como estaban dende primeira hora do día: ás escuras e sen saber cando poderán ter luz.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion