versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O corte de luz nos pisos de A Senra, en Brión, obriga os veciños a trasladarse

[14/05/2009]

O promotor da obra e a instaladora non se poñen de acordo para que as vivendas teñan contadores. A urbanización A Senra, situada na parroquia de Os Ánxeles, preto do límite xeográfico con Bertamiráns, quedou sen subministración eléctrica a primeira hora da mañá de onte despois de que Unión Fenosa executase a orde de corte polo non pagamento do recibo, que supera os catro mil euros e que se corresponde ao consumo das vivendas desta urbanización.

O problema radica en que os propietarios non poden instalar contadores individuais porque as obras non están certificadas ante a falta de entendemento entre o promotor da urbanización e a empresa instaladora, que non certifica o traballos ata que cobre.

Aínda que esta situación non é nova, os veciños aboaran entre todos e dende hai case un ano o importe da luz, pero coa chegada do inverno, os cambios no sistema de cobramentos das empresas eléctricas e o incremento de veciños, o importe aumentou de forma vertixinosa, polo que os propietarios non están en disposición de asumir o custo de recibos mensuais que superan os cincocentos euros.

Co anuncio de corte no servizo xa tramitado, os afectados decidiron organizar actos de protesta para dar a coñecer o seu problema e reclamar unha solución, que pasaría porque de forma extraordinaria se concedesen os permisos para instalar contadores provisionais. Con este sistema, o recibo da luz debería reducirse de forma significativa, xa que agora a urbanización recibe a potencia de enerxía correspondente a unha obra, que é moi escasa, polo que a maior parte do consumo enerxético que realizan as vivendas se considera un exceso, o que eleva considerablemente a factura.

E mentres os afectados esperan que alguén lles dea unha solución, as vivendas comezan a estar baleiras, xa que para os propietarios resulta practicamente imposible vivir nun piso sen luz e no que toda a instalación é eléctrica.

Algúns afectados decidiron aloxarse en casas de familiares próximos, outros intentaron alugar un inmoble mentres non se soluciona o problema, pero algúns non tiveron máis remedio que quedar na casa e se apañar como poden.

O pasado martes, os afectados concentráronse fronte ás súas casas para chamar a atención do seu caso. Ese mesmo día, o Concello tivo coñecemento da protesta e ofreceuse para mediar ante Unión Fenosa para buscar unha solución. Pola súa banda, o grupo municipal tamén anunciou o seu apoio para mediar ante Industria para buscar unha solución. Malia esas formulacións, os veciños que aínda quedan na urbanización pasaron onte a súa primeira noite ás escuras.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion