versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Veciños de Brión maniféstanse para que non corten a luz dos seus fogares

[13/05/2009]

A urbanización A Senra ten problemas dende hai meses polos problemas económicos do promotor. Veciños da urbanización A Senra, no municipio de Brión, saíron onte á rúa para expresar o seu temor ante a posibilidade de que nos próximos días teñan que abandonar as súas casas porque sobre elas pende a orde de corte da subministración de enerxía eléctrica.

O problema destas familias non radica tanto en que non estean en condicións económicas de aboar o recibo da luz, senón en todo o que rodea ao remate das obras da urbanización.

As vivendas construíunas o promotor Juan Sampedro, un empresario do Barbanza con problemas económicos que lle impiden facer fronte ao pagamento de traballos pendentes na urbanización. Esta circunstancia provoca que as empresas que realizaron traballos na urbanización decidiran non emitir a certificación correspondente ata que lles aboen os pagamentos pendentes.

Esta circunstancia provoca que o inmoble careza de licenza de primeira ocupación para recibir a subministración de auga e luz de obra. Aínda que isto é moi habitual na urbanizacións da área metropolitana de Santiago (Juan Sampedro mantén un problema similar cos veciños da urbanización teense A Ramallosa), no caso das vivendas de A Senra o problema agrávase porque ao non haber certificación non é posible instalar os contadores da luz.

Tempo atrás e de forma provisional, os habitantes dos pisos comezaron a asumir o custo da luz mediante a repartición dos pagamentos. A sorpresa chegou cando en xaneiro aboaron de media uns cincocentos euros por familia, un importe que nos seguintes pagamentos aumentou sen que os veciños poidan asumir o custo. É por iso polo que, ante esta situación, a empresa subministradora, Unión Fenosa anunciou o corte.

Ademais de saír á rúa para reclamar unha solución e expresar a súa impotencia, boa parte dos afectados están a buscar unha residencia alternativa, porque nestas vivendas todo funciona con enerxía eléctrica.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion