versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Senra bótase á rúa para "rebentar" o conflito da luz

[13/05/2009]

A Garda Civil frustrou a paralización de tráfico prevista polos propietarios da urbanización que protestaban polo corte eléctrico anunciado por Fenosa. Carecen de contadores pola débeda entre a construtora e unha subcontrata.

"A situación é inasumible así que, que rebente". Os veciños da urbanización A Senra, en Os Ánxeles, Brión, facían onte resoar o seu puñazo na mesa ante unha situación da que son vítimas dende hai dous anos sen que se albisquen aínda visos de solución.

O conflito xorde pola falta de contadores de luz individuais nas 22 vivendas do residencial, 18 pisos e 4 chalés, que seguen, dous anos despois de ser entregados, con subministración de luz de obra. Esta anomalía débese á negativa da empresa Soelga, a subcontrata da construtora Juan Sampedro, promotora da edificación, encargada da instalación eléctrica, de rematar a devandita rede, ante o non pagamento da construtora.

Actualmente, o tendido eléctrico da urbanización está rematado, a falta só dos enganches ás vivendas, unha actuación que Soelga mantén paralizada "porque así utiliza aos veciños como medida de presión para obrigar a Sampedro a que lle pague, cando esta empresa xa aclarou que non ten liquidez e ofreceu alternativas", explican os propios afectados. Como consecuencia, os inquilinos das vivendas tiñan que facerse cargo, conxuntamente, das facturas de luz de obra, moito máis altas das que corresponderían con contadores particulares, debido a que a potencia é moito maior.

Fartos desta situación, os veciños plantábanse o pasado mes, negándose a facerse cargo do último recibo de luz, que ascendía a 4.500 euros. "Ninguén nos dá solución así que imos deixar que isto rebente, que nos deixen sen luz e que alguén se vexa obrigado a solucionar a nosa situación, porque xa non sabemos a quen recorrer,", lamentan. Tal como eles mesmos prevían, Fenosa anunciou xa que cortará a subministración esta mesma semana, polo que onte, os afectados intentaban tomar a estrada xeral que une Bertamiráns e Brión, cortando o tráfico a partir das oito da tarde, para reclamar publicamente solucións. A aparición da Garda Civil e Policía Local, acompañados do edil popular Carlos Tomei, frustrou o corte, pero non a concentración de protesta.

Por agora, o Concello ofreceu o seu "total apoio aos veciños", pero matizou que non pode asumir unha débeda entre empresas.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion