versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O balneario de O Tremo exhibirá unha exposición colectiva de grandes pintores galegos

[03/05/2009]

O Concello de Brión e a Asociación de Artistas Plásticos Galegos han organzado para esta próxima semana unha grande exposición colectiva de pintura na que participarán 25 artistas galegos. A exposición, baixo o título de Os maios debido á época en que estamos, achegará unha ou dúas obras de cada autor, segundo sinala Alberto Álvarez, técnico municipal de cultura.

Esta exposición colectiva poderá visitarse no hotel-balneario de O Tremo do 8 de maio ao 14 de xuño e a mostra será inaugurada nun acto que presidirá o alcalde, o socialista Xosé Luis García, e a edila de Cultura, Patricia Vázquez, que terá lugar o venres ás 20.30 horas, un acto para o que espera a presenza de numerosos artistas participantes na exposición.

Os visitantes desta mostra poderán contamplar obras de Aurora González Pombo, Juan Manuel Abalde, Beatriz Ansede, Cabelo Ruiz, Carmen Sevillano, Chelo Rodríguez, García Rey, Anxos Jorreto, Lola Beade, Luis Romero, María Dolores Leal, María Xesús Díaz, Manuel Gandullo, María Manuela, Nito Pereiro, Nuria Vilanova, Rafael Nadales, Ramón Astray, Ricardo Sobrino, Ricardo Pérez Rilo, Sonia Omil, Víctor Rey, Sagrario Rilo, Xosé Vázquez Castro e Yolanda Cardajales.

A Asociación de Artistas Plásticos Galegos (ARGA) é moi activa na organización de actividades de todo tipo, especialmente na divulgación da pintura que se realiza agora mesmo en Galicia. O presidente da entidade é o coñecido pintor Xosé Vázquez Castro e na directiva atopa tamén a santiaguesa María Xesús Díaz.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion