|
 |
Data: Xoves, 22 de Febreiro do 2019 |
|
novas
O Concello brionés informará do risco do exceso de alcohol os usuarios do noitebús
[28/04/2009]
O Concello de Brión ofrecerá durante a ponte do 1 de maio información sobre os riscos do consumo excesivo de alcohol aos usuarios das liñas de noitebús que discorren polo municipio e que comunican o concello con Santiago e tamén con Santa Camba.
O lema do programa, que forma parte do Plan de Prevención de Drogodependencias que levan a cabo os concellos de Ames, Brión e Negreira, é Vou con tento... volvo contento. A primeira parte do proxecto consiste en formar dez novos voluntarios sobre esta materia. Será este grupo que reparta durante a ponte de maio e tamén nas festas da Ascensión información sobre o alcohol. Tamén elaborarán unha enquisa entre os usuarios destas liñas de autobús sobre o uso de drogas e tipo de consumo por idades e sexo para obter así datos de primeira man, que permitan promover campañas máis efectivas.
Os voluntarios dividiranse en grupos de dúas persoas permitindo cubrir todas as liñas de noitebús durante os días elixidos. A elección das datas fíxose baseándose no previsible incremento de usuarios para estas pontes.
Enlace a La Voz de Galicia
Comentarios
[ VOLVER ]
|
|
|