versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Feira de saldos coa nova asociación de empresarios de Brión dende o 5 de xuño

[25/04/2009]

A recén creada asociación de empresarios Altamira de Brión, en colaboración co Concello e o centro comercial Monte Beado, promove a primeira Feira de Saldos de Brión, que terá lugar os próximos 5, 6 e 7 de xuño. Trátase dunha feira multisectorial aberta á todo tipo de comerciantes, que poden comezar xa a inscribirse na web www.feiradesaldosdebrion.com ou chamando ao teléfono 698 135 720.

María Vidal, membro da xunta xestora de Altamira, espera contar coa presenza de máis de trinta tendas e máis de 5.000 visitantes. Para iso, disporá dunha superficie de exposición de 1.000 metros cadrados, ocupando toda a primeira planta de Monte Beado, os corredores e parte do parquin.

Na I Feira de Saldos de Brión poderán participar establecementos de distintos sectores: moda, electrónica, fogar, mobles, calzado, alimentación ou complementos. Tamén terá stand oficial a propia asociación de empresarios, que pretende captar así socios.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion