versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A patronal de Brión quere atraer os 250 empresarios da zona

[27/04/2009]

Tras un ano de xestións hai uns días constituíuse a asociación Altamira

Tras un ano de xestións e negociacións, a mediados de abril quedou constituída oficialmente a Asociación de Empresarios de Brión, Altamira, unha patronal que se formula, entre outros obxectivos, atraer os máis de 250 empresarios, autónomos e comerciantes que realizan a súa actividade no municipio. A entidade, a creación da cal contou co apoio do Concello de Brión, vai ser dirixida de forma provisional, por unha xunta xestora que deberá ser ratificada na primeira asemblea xeral que se celebrará o próximo mes de setembro.

A xunta xestora de Altamira está integrada por cinco empresarios brioneses: José Manuel Abelleira Balsa, do mesón asador Casa Abelleira, que é quen a preside; Xosé Manuel Bouzas Suárez (hotel balneario Compostela, en Tremo); Benito Grenda Picallo (carpintaría La Ventana, de Bastavales); Miguel Riveiro Pensado (de Autobuses Modesto Riveiro) e María Vidal Ramos, da tenda Sortilexió, de Os Ánxeles.

Segundo se puxo de manifesto tras a constitución, a directiva provisional dirixirá os seus esforzos a elaborar propostas concretas para activar a asociación. Entre outras iniciativas barallan realizar publicidade conxunta, crear unha páxina web, realizar accións formativas para os asociados e propoñer descontos entre os distintos socios.

A captación de socios é o obxectivo máis inmediato da asociación, que quier dar cabida, como se apuntaba ao inicio da información, aos máis de 250 empresarios, autónomos e comerciantes que operan no municipio. En principio fixouse unha cota de seis euros mensuais para as persoas que queiran entrar na asociación, un pagamento que non se fará efectivo, segundo subliñou o presidente da xunta xestora, ata a asemblea xeral de setembro.

Ata esa data todos os empresarios interesados en facerse socios de Altamira deberán poñerse en contacto con algúns dos membros da xestora ou a través do correo electrónico aebaltamira@hotmail.com.

Hai que indicar que todos os empresarios que se incriban na asociación antes da celebración da primeira asemblea xeral terán a condición de socios fundadores da patronal brionesa.

Estatutos

Os estatutos da Asociación de Empresarios de Brión quedaron definitivamente aprobados o pasado 17 de abril, e de acordo co documento, Altamira aglutirá non só aos empresarios e comerciantes, senón tamén aos traballadores autónomos.

Hai que indicar que a primeira reunión para a creación da asociación se celebrou a finais de abril de 2008, un encontro que reuniu a máis de medio centenar de empresarios brioneses interesados en organizarse e que participaron nas dúas asembleas organizadas polo Concello. Foi a axente de desenvolvemento local, Elisa Iglesias, a persoa que colaborou máis directamente.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion