versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

José Manuel Abelleira: “A unión fainos máis fortes contra a crise”

[28/04/2009]

“No concello de Brión haberá censados máis de douscentos empresarios”  “O que intentaremos é explicarlles a todos cales son as nosas ideas, pero tamén intentar captar as súas e saber cales son os seus problemas”

O Concello de Brión conta cunha nova asociación que aglutina aos empresarios do municipio. José Manuel Abelleira asumiu o mando da agrupación, e conta para TIERRAS como comezou a andar este proxecto e cales son os seus obxectivos.

– ¿Como xurde a idea de crear esta asociación de empresarios?

– Antes xa se intentara facer unha
asociación, o que pasa é que xurdiron bastantes problemas e complicacións e non saiu adiante. A raíz de que uns empresarios comezaron a falar entre eles para reabrir esa carpeta que quedara pechada, volveuse a intentar facela de novo. Para elo contamos co apoio do concello, Luis apoionos moito na idea. Ademais despois de que xurdira todo o problema da crise estabamos aínda máis convencidos de que tiñamos que asociarnos, porque iso nos faría máis fortes.

– É ben certo que a unión sempre fai máis forza...

– Sí. Non é o mesmo que vaiamos a pedir algo a un estamento de forma individual que en grupo.

– ¿Como vos está a afectar aos empresarios de Brión a crise económica?

– Eu creo que a crise a temos, a percibimos e a palpamos todos os días, e o concello de Brión non pode quedar atrás. Estamos todos no mesmo carro.

– ¿Dende que se decide poñer en marcha a asociación ata o día de hoxe cales foron os trámites que levastedes a cabo?

– Hai un ano algúns empresarios comezaron a ter conversas, nas que nalgunhas nin sequera estaba eu, onde se redactaron os estatutos, cos que houbo algúns problemas, porque nolos devolveron e demorouse case un ano para volver a telos. Despois houbo unha xunta á que acudiron uns cincuenta empresarios, dos cales case todos acolleron a idea moi ben, a todos lles pareceu estupendo. O que se deduciu foi que os empresarios estabamos pola labor de xuntarnos.

– Falamos de como naceu a idea de crear a asociación, ¿pero como se decidiu que foras ti o que a presidira?

– Se pode dicir que case foi a dedo. Me dixeron que era eu o que o tiña que facer, aínda que creo que hai máis persoas que teñen máis e mellores cualidades ca min para estar ao mando. Alguén tiña que estar ao frente, e me dixeron "vas a ser ti".

– Ti adicaste ao mundo da restauración, ¿como vas a facer para compaxinar as dúas cousas?

– Conto con xente ao meu arredor que me apoia moito, porque é unha profesión que require moito tempo. Como digo, teño xente ao meu lado que me vai a axudar moito.

– ¿Que sectores aglutina a asociación de empresarios?

– Hai empresarios do aluminio, hai un director de hotel, temos comerciantes...

– ¿Cantos empresarios pode haber no concello de Brión?

– Entre empresarios, autónomos... creo que están censados máis de douscentos, pero ás reu- nións que tivemos ata agora sempre veñen sobre uns cincuenta ou sesenta, aínda que se intentou convocar a todo o mundo.

– ¿E que ides a facer para intentar captar máis socios?

– Sobre todo, e creo que é o que máis funciona, é o boca a boca. Explicarlles as nosas planificacións, dicirlles o que vamos a facer, contarlles as nosas ideas, pero tamén captar as súas ideas, que nos digan que é o que pensan, que problemas teñen... Eu creo que a mellor publicidade é o boca a boca.

– ¿Que proxectos tendes a curto prazo?

– Estamos planificando, xunto con concello de Brión, para os días 5, 6 e 7 de xuño, facer unha feira de saldos, no centro comercial Monte Balado, que vai ter servizo de gardería, de restaurante e de cafetería... veñen comerciantes de toda Galicia. Imos a facer unha páxina web para informar aos comerciantes e aos usuarios de como se vai a desenvolver a feira, porque tamén vai a haber descontos, sobre todo para os que xa sexan socios da agrupación.

– E a longo prazo, ¿que obxectivos vos marcades?

– Por agora non nos marcamos moitos obxectivos a longo prazo pola simple razón de que temos que ir captando as ideas e os problemas dos empresarios. Intentaremos ter ao día a páxina web, publicitarnos, realizar sorteos... pero son aínda ideas que teremos que madurar.

– ¿Que melloras necesitaría o concello de Brión que beneficiase ao voso sector?

– Todo o que sexa mellorar a nós nos vai beneficiar, por exemplo a creación da Autovía. Non todo vai a estar sempre ao gusto de todo o mundo, e a autovía perxudicou a moitos comerciantes, pero eu creo que a xente vai darse conta que a creación e a mellora de infraestructuras a longo prazo vai a ser beneficioso. Agora o que temos que facer é analizar a situación, reunirnos e despois solicitar melloras que nos beneficien aos empresarios.

– Cando pasen uns tres ou catro anos, ¿como lle gustaría que estivese a asociación?

– Gustaríame que todos os comerciantes e empresarios de Brión estivesen asociados, que sexamos unha única forza para lograr cousas.

O perfil

-Naceu o 29 de xaneiro de 1959, en Ortoño, no concello de Ames

-Rexentou durante dezaoito anos a xa histórica xamonería Ferro, na rúa República do Salvador, en Santiago de Compostela. Nos últimos sete dirixe o Mesón Asador Casa Abelleira, no concello de Brión. Viviu durante nove anos en Venezuela, onde traballou nun asador de carnes

-No seu tempo libre gústalle facer todo tipo de deportes, sobre todo o ciclismo. A súa verdadeira paixón é o mundo da restauración, á que lle adica a maior parte do seu tempo
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion