versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión expón as obras de 25 grandes pintores

[04/05/2009]

A exposición colectiva reúne lenzos de Manuel Gandullo, María Manuela ou Xosé Castro Vázquez. Os amantes da arte ten unha cita ineludible en Brión. A corporación municipal, grazas a un acordo coa Asociación de Artistas Plásticos Galegos (Arga), organiza dende o próximo venres e ata o día 14 de xuño unha grande exposición colectiva de pintura na que participarán 25 artistas galegos.

As obras poderán gozarse no Hotel Balneario de Compostela, en O Tremo. O título que as engloba, Os maios, non ten que ver coa súa temática, que é libre. Alberto Álvarez, técnico de Cultura do Concello de Brión, atribúea "ás datas nas que se celebra", e apuntou que cada artista achegará unha ou dúas obras. Entre eles están Manuel Gandullo, María Manuela ou Xosé Vázquez Castro. A mostra será inaugurada este venres polo alcalde brionés, Xosé Luis García, e a concelleira de Cultura, Patricia Vázquez, ás 20.30 horas.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion