versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión e Oroso celebran esta noite festas para a xuventude

[24/04/2009]

Os mozos de Oroso e Brión están hoxe de parabén xa que a última hora da xornada arrancarán as súas respectivas festas. A cita máis antiga é a de Brión, que cumpre tres anos de actividades na carballeira de Santa Minia. Neste caso, a festa organízaa un colectivo xuvenil local, que elixiu como orquestras a Panorama e Océano. A música comezará a soar a partir das once da noite e, segundo recoñece a organización, prolongarase ata ben entrada a madrugada.

Pola súa banda, Oroso decidiu estrearse neste tipo de actividades incluíndo un compoñente solidario. Neste caso, a organización recae na comisión de festas de Sigüeiro, a asociación de comerciantes e empresarios da localidade, que recibiron o apoio do Concello e de varias empresas privadas locais. A festa comezará a partir das 22 horas cunha pulpada instalada no ámbito do río Carboeiro.

Recadación solidaria

A particularidade desta oferta gastronómica está en que se recadará un euro de cada porción para o departamento de Servizos Sociais, que á súa vez o repartirá entre as familias con menos recursos, que tamén recibirán a recadación derivada dunha venda de rifas.

En canto á música, está confirmada a actuación das orquestras D 'Moda, Amizade de Vigo, Marimba e Ledicia Espectáculo.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion