versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A SD Brión-San Félix foi terceiro en Lloret de Mar

[21/04/2009]

O recén ascendido á 2ª participou por sexto ano seguido no torneo San Jaume. Por sexto ano consecutivo a SD Brión desprazouse a terras catalás, concretamente a Lloret de Mar, para participar nunha nova edición do prestixioso torneo internacional San Jaume. O equipo de Brión, que preside Xullo Couselo, finalmente ocupou unha excelente terceira posición.

Cabe destacar que a viaxe foi organizada totalmente pola sociedade deportiva, contratanto así un autobús e o correspondente hotel e manutención. A parte dos xogadores ( e xogadoras, xa que viaxaron tamén rapazas pertencentes ao club feminino Santa Minia de Brión), desprazáronse tamén diversos compañeiros e socios do club, polo que tiveron que aboar 250 euros por todos os gastos.

Por este motivo o equipo aprazara o seu enfrontamento co Resmón na Terceira Autonómica grupo 8 onde finalmente e a falta de varias xornadas o Brión conseguiu o ascenso de categoría, un ano despois de perdela. Así as cousas, a alegría deportiva na familia brionesa é por partida dobre.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion