versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A terceira xuventude de Brión debuta nos escenarios con Trangalleiro Teatro

[21/04/2009]

O programa cultural para maiores dará os seus froitos cunha actuación o 29 de maio. Non resulta casual que a orixe do ciclo de teatro para maiores de Brión teña a súa orixe nunha asociación xuvenil. Concretamente, A Carballeira. E é que os afeccionados ás táboas gozan dunha terceira xuventude, con espírito veinteañero, pero experiencia de madureza. Esta bagaxe constitúe a esencia de Trangalleiro Teatro, a agrupación dramática da terceira idade brionesa.

O pasado mes de outubro comezaron os ensaios. Nesta aventura, os sete compoñentes da agrupación camiñan guiados por dous mozos, monitores da asociación Carballeira, Elisa Iglesias e Sergio Lago. Xunto a eles gozaron de sete meses de toma de contacto coa súa faceta dramática. "En principio parecíanos que eran moi poquitos para crear un grupo de teatro", explica Elisa Iglesias, pero asegura que pronto se decataron de que "había que intentalo e enseguida funcionaba. Poñen muchísimas ganas, están encantados e non teñen absolutamente ningún problema para memorizar os papeis", engade.

Sen maiores dificultades que calquera adolescente, este grupo de novos de entre 55 e 65 anos, entre os que se atopan dous matrimonios, tomou rigorosamente o de inmiscirse no personaxe e o próximo día 29 de maio demostrarán todo o aprendido ante o respectable.

Esta é a data elixida para a grande estrea de Trangalleiro Teatro, a primeira actuación ante o público. O escenario elixido será o centro social polivalente, onde representarán obras tan coñecidas como A tía lambida, de Eduardo Blanco Amor e Os casados de pouco, de Varela Buxán.

Se todo vai sobre rodas, como esperan actores e directores da obra, non sería sorprendente que "se animen outros maiores a participar en próximas obras", explica Elisa Iglesias. Deste modo, Trangalleiro Teatro ampliará, como espera, as súas posibilidades, para continuar cos ensaios e novas actuacións coas que demostrarán a todos os veciños da zona que calquera idade é boa para embarcarse nunha nova aventura.

OUTRAS ACTIVIDADES

Ximnasia de mantemento e Internet, as máis solicitadas

O Concello de Brión leva a cabo un completo programa de actividades para a terceira idade. Entre elas atópanse iniciativas lúdicas, culturais e formativas, así como opcións deportivas para manterse en forma a todas as idades. Entre as máis solicitadas atopan as de ximnasia de mantemento, á que acoden máis dunha decena de persoas, así como o recentemente estreado curso de informática para maiores que toman así o primeiro contacto cun PC.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion