versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello brionés contratará cinco albaneis para obras locais

[18/04/2009]

O Concello de Brión abriu unha convocatoria de selección de persoal para contratar cinco albaneis coa categoría de oficiais de terceira e un peón (oficial de cuarta) para executar obras e servizos municipais durante este ano.

As contratacións serán temporais pola modalidade de obra e servizo e coas retribucións establecidas no convenio colectivo de persoal laboral do Concello de Brión, que data do pasado 12 de febreiro.

O Concello informa de que para participar neste proceso de selección non se esixe ningún tipo de titulación, xa que os aspirantes soamente teñen que enviar unha instancia dirixida ao alcalde indicando o posto ao que optan. O prazo para remitir esta documentación finaliza o próximo día 24. A instancia pódese descargar da web c oncellodebrion.org.

Os aspirantes serán examinados por un tribunal calificador o próximo día 30 a partir das nove da mañá na Casa do Concello de Brión.

Sistema de baremación

O proceso de selección inclúe unha revisión de méritos de acordo co seguinte baremo: 0,1 puntos por cada mes traballado a xornada completa nunha empresa privada (máximo dous puntos), 0,15 puntos por cada mes traballado noutra administración pública diferente á local a xornada completa (ata un máximo de tres puntos) e 0,2 puntos por mes traballado na administración local a xornada completa (ata 4 puntos).

O proceso complétase cunha entrevista persoal sobre as funcións a desempeñar, a experiencia profesional e a formación do candidato. Neste caso, a puntuación máxima que poderán obter os aspirantes é de cinco puntos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion