versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O sector empresarial de Brión agrúpase en torno a José Abelleira

[19/04/2009]

A xunta provisional ratificarase en setembro ·· Promoverá descontos, promocións, unha web e cursos. A patronal brionesa conta xa cun nova entidade, a Asociación de Empresarios de Brión Altamira, que acaba de constituirse oficialmente, unha vez aprobados os seus estatutos e constituída unha xunta xestora integrada por cinco industriais locais e presidida por José Manuel Abelleira Balsa (que rexenta o restaurante Abelleira en Os Ánxeles). A devandita xunta xestora, en todo caso, deberá que ser ratificada na primeira asemblea xeral que terá lugar en setembro.

Así, a xestora de Altamira está composta por Xosé Manuel Bouzas Suárez (Hotel Balneario Compostela, de O Tremo); Benito Gendra Picallo (Carpintaría La Ventana, Bastavales); Miguel Riveiro Pensado (Autobuses Modesto Riveiro, Luaña) e María Vidal Ramos (tenda Sortilexio, Os Ánxeles). A xunta provisional traballará a partir de agora en propoñer as accións concretas que desenvolverá a asociación, que baralla iniciativas como realizar publicidade conxuntamente, crear unha páxina web, realizar accións formativas para os asociados e promover descontos entre os distintos membros (ademais de incentivar adhesións).

Como regra xeral, poderán ser membros desta asociación todos os empresarios, comerciantes e autónomos que desenvolvan a súa actividade no municipio de Brión (segundo o Concello, superan os 250). A cota que deberá aboar cada socio será inicialmente de seis euros mensuais.
 



Enlace a El Correo Gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion