versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión aproba un censo de 7.205 veciños e un inventario de bens de 25,6 millóns

[16/04/2009]

Socialistas e nacionalistas piden á Xunta que non derrogue o decreto do galego. A corporación brionesa celebrou na mañá de onte unha inusual sesión plenaria, na que o protagonismo estivo nas cifras e nos acordos tomados por PSOE e BNG para o seu traslado ao futuro goberno autonómico de Feijoo.

O pleno tomou coñecemento dos últimos datos municipais de poboación, que elevan o censo brionés ás 7.205 persoas, o que supón un centenar máis que as recollidas nos datos oficiais do Instituto Nacional de Estatística. Dentro do campo numérico, o pleno aprobou, tamén por unanimidade, un cambio no inventario de bens locais, que nestes momentos suma os 25,6 millóns de euros.

Unha das novidades do debate de onte foi a estrea do centro polivalente como salón de plenos, o que permitiu un ambiente máis distendido do habitual, debido á proximidade do bar e ao feito de que a corporación despediu onte a edila socialista María Elena Gómez, que abandona a corporación por razóns persoais.

Este abandono obrigou ao grupo de goberno a reorganizar as competencias do resto de concelleiros socialistas.

En canto aos acordos tomados, destacou o referido ao decreto do galego. A proposta xurdiu do BNG, que reclamou o apoio das demais forzas políticas para instar ao futuro goberno autonómico de Núñez Feijoo a que manteña o decreto do galego xa que se trata da aplicación dunha lei aprobada cando gobernaba o Partido Popular e coa defensa expresa do seu contido por parte do ex presidente Manuel Fraga.

O segundo grande acordo da xornada xurdiu por outra solicitude do grupo nacionalista, que propuxo un acordo para que o Concello solicitase á Igrexa a retirada dunha placa da igrexa de Viceso que recorda caídos do bando nacional durante a pasada Guerra Civil.

Os nacionalista sinalaron que a súa pretensión era unicamente que se aplicase a lei da memoria histórica e sen que isto supuxese cuestionamiento ningún sobre os caídos o nome dos cales aparece na citada placa. A proposta quedou aprobada e matizada, xa que o rexedor brionés, Xosé Luís García (PSOE) quixo recordar que o párroco de Viceso non tivo intervención ningunha na decisión de colocar a citada placa e engadiu que o mesmo cura mantivo ocultos na sancristía durante dous anos a varios republicanos.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion