versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Sábado, 18 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Renovado paseo fluvial para Brión

[14/04/2009]

O Concello de Brión acaba de inverter preto de 50.000 euros no acondicionamento do paseo do río Pego, situado na parroquia de Os Ánxeles, preto da estrada Santiago-Noia. Os traballos incluíron a limpeza das marxes do río Pego asi como a propia canle fluvial. Así mesmo se realizaron tamén traballos de reforzo do muro de contención do Pego, especialmente naqueles puntos que se atopaban máis deteriorados.

Así mesmo os traballadores municipais habilitaron un paseo peonil duns 2,5 quilómetros de lonxitude, que bordea o río Pego entre a rotonda de saída da autovía e a estrada Santiago-Noia. Neste ámbito colocouse tamén diverso mobiliario urbano como oito bancos, catro papeleiras e pezas de iluminación pública ao longo do paseo.

Finalmente, o Concello de Brión acometeu a redución da pendente que comunica o paseo fluvial coas beirarrúas da avenida de Noia, facéndoa máis cómoda para os peóns.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion