versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión estrea un paseo fluvial de 2,5 quilómetros no río Pego

[12/04/2009]

A execución do proxecto supuxo un custo de cincuenta mil euros. Os veciños da parroquia brionesa de O Ánxeles dispoñen dende fai ben pouco dunha nova zona de paseo e esparexemento no ámbito do río Pego, unha canle na que durante anos se produciron problemas de verteduras procedentes de vivendas de urbanizacións próximas.

Agora, tras unha inversión de cincuenta mil euros e o traballo dunha brigada municipal de obras, a canle deste río limpouse, incluídas as marxes, para convertelo nunha área de paseo, que incorpora unha senda peonil de 2,5 quilómetros de longo. Tamén foron necesarios traballos de reforzo dos muros de contención do río.

Este paseo bordea o río Pego entre a rotonda de saída da autovía e a estrada comarcal entre Santiago e Noia. Ademais da limpeza do río e o seu ámbito, o deseño promovido polo Concello brionés, incluíu a dotación de mobiliario urbano. En concreto, o traxecto ten oito bancos de madeira e varias papeleiras. Tendo en conta que neste lugar se sitúan varias urbanizacións nas que viven numerosas familias que dispoñen de animais de compañía, unha das papeleiras instaladas neste tramo está deseñada especialmente para depositar as deposicións dos animais.

O plan de acondicionamento do ámbito do río Pego complétase cunha rede de iluminación instalada en varios puntos desta senda peonil para rentabilizar o seu uso durante todo o día.

Un dos problemas que os técnicos tiveron que ter en conta foi a excesiva pendente do camiño que comunica este paseo coas beirarrúas da estrada de Noia. Por iso, o deseño tamén incorporou unha redución da pendente na parte inicial do tramo para que resultase máis accesible, sobre todo pensando nos nenos e nas persoas de avanzada idade.

Un paseo de artistas

O Concello apostou por este acondicionamento do ámbito do río Pego porque esta é unha das zonas máis frecuentadas polos veciños.

Proba diso, tal e como explica o propio Concello, é que se«trata do lugar escollido todos os anos polos artistas que participan nos Encontros CoA Arte como fonte de inspiración».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion