versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Luns, 20 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Os brioneses xa poden deixar o aceite usado dos seus coches nun depósito municipal

[07/04/2009]

O Concello de Brión acaba de poñer en marcha un novo servizo de recollida de aceite de vehículos e maquinaria, que está a disposición de todos os veciños e veciñas que o desexen de forma gratuíta. O alcalde brionés, Xosé Luis García, asegura que este novo servizo supón "un avance e ampliación do actual sistema de recollida selectiva dos residuos, que o ano pasado xa entenderamos aos aceites vexetais usados".

Este novo servizo está xa a disposición dos brioneses. As persoas interesadas en colaborar na recollida selectiva deste tipo de aceite deberán separalo nos os seus domicilios e baleiralo posteriormente nos depósitos dispostos polo Concello no almacén municipal situado no Paseo de Pedrouzos, xusto en fronte do centro de saúde. Para utilizalos será necesario chamar previamente ao teléfono 981 88 70 06. No que atinxe aos aceites vexetais de uso doméstico, a súa recollida seguirá facéndose a diario na base de Protección Civil.

O Concello de Brión decidiu ofertar este novo servizo de recollida de aceite de vehículos e maquinaria aos veciños e veciñas do municipio "ante da perigosidade que supoñen para o medio este tipo de aceites usados, pois non se disolven na auga, non son biodegradables e esparexen produtos tóxicos que mesmo poden ser inxeridos polo ser humano". De feito, un litro de aceite pode contaminar un millón de litros de auga (e a capacidade do cárter corrente dun automóbil é de cinco litros).
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion