versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

José Luis García García: 'O cambio de Brión débese aos nosos veciños'

[07/04/2009]

"Se nalgún momento tivese que elixir entre o partido ou Brión, sen dúbida, me quedo con Brión"
– Trinta anos dinse moito pronto... ¿Como viviu voste a constitución das primeiras corporacións democráticas?
– Cunha ilusión enorme. Era unha experiencia nova para todos. Tan só houbera unhas eleccións xerais, e estabamos todos vendo si aquelo era posible, cos medos lóxicos que había, tanto nosos como dos veciños en xeral. E dende logo, o día da constitución estabamos cunha ilusión e cunhas ganas tremendas, moi pouca experiencia, moitísima xuventude e con moitas ganas de traballar.

– Xa pasaron tres décadas, ¿cal é clave para que tanto tempo despois vostede continúe ao frente da corporación de Brión?
– Eu creo que a receita é relativamente sinxela. Do que se trata é de humanidade, de proximidade e, sobre todo, de eficacia. Humanidade entendendo polos problemas que teñen os veciños, porque nun concello como pode ser Brión, se pasa calquera cousa veñen xunto ao alcalde para resolver as súas dúbidas... trátase de entender os seus problemas, aínda que ás veces non te competen directamente. Do que non cabe dúbida, é que a eficacia tamén se esixe. E en canto á proximidade, eu non sei se aínda hai alguén que non teña o meu número de teléfono. Ademais, sempre que vou tomar un café, sabes que non só vas tomar un café senón que tamén vas a escoitalos: ou o punto de luz, o camiño... eu creo que esta é a receita para conseguir estar ahí.

– ¿Como chegou vostede a parar ao mundo da política?
– Naquel entón formaramos un grupo entre os veciños de diferentes parroquias, comezouse a falar... e todos coincidiamos en que había que facer algo, que Brión non podía seguir como estaba. Cando chegou a hora de buscar quen ía de número un por azar tocoume a min, e ahí nos vimos metidos nunha cadea que leva xa trinta anos de duración.

– A candidatura independente foi coa que sempre se presentou ás eleccións. Sen embargo, nestas últimas o fixo baixo as siglas do PSOE. ¿Por que este cambio?
– Sí, como independentes baixo as siglas do PSOE. O certo é que cada vez vivimos nun mundo máis globalizado, e os problemas non rematan en Brión. Nestes momentos, nós entendiamos que o partido que máis coincidías coas nosas ansias e desexos de millorar era o Partido Socialista. Estamos moi contentos do paso que demos e o bo é que imos a continuar traballando como o fixemos ata agora. Ante calquera dúbida, se tivera que elixiar entre o partido ou Brión, me quedo con Brión sempre.

– Do que non cabe tampouco dúbida e da gran confianza que teñen posta os veciños na súa persoa...
– Sí. É algo que non sei como agradecerlles. Ademais, tamén nestes momentos nos que Brión está recibindo moitísimos veciños de fora, eu como alcalde estou intentando coñecelos a todos. Hai moitos que levan unha sorpresa cando chegan ao concello e din que queren unha entrevista co alcalde, e lle din: pasen, que está ahí. Máis que unha confianza, eu creo que dende o primeiro día houbo unha complicidade especial entre os veciños e a corporación municipal.

– ¿Que esperaban os veciños da nova corporación naquel ano de 1979?
– Seguramente se esperaban moito menos. Fixeronse cousas, o problema é que había moi poucos medios, pero os veciños puxeron algo increible. Nós empezamos a asfaltar as corredoiras e a poñer o alumeado público, e eles poñían o traballo. Por iso digo que houbo unha complicidade moi grande dende o primeiro día. De feito, aquelo levounos seguramente a que hoxe o concello de Brión sexa na provincia de A Coruña o único que non contrata as obras, porque nós temos a nosa empresa. Pero os veciños foron os artífices de que o cambio se puidera facer en Brión.

– Vostede reuniuse co que foi o presidente da transición, Adolfo Suárez. ¿Como foi aquel encontro?
– Sí. Estiven dúas veces con Afolfo Suárez. A verdade é unha pena a situación na que está, porque podería contar moitas cousas importantes do que foi todo aquelo. Recordo que na segunda entrevista que tiven con el, seguramente fun un maleducado porque el me dicía que o tutease, pero eu non era capaz. Dixenlle que tiña a sensanción de que estaba a falar con parte da historia de España. Eu creo que eso tivo que sentarlle... aínda que non me dixo nada. Foi unha gran persoa, e teño un gran recordo desa entrevista.

– Unha data histórica: o 23 F. ¿Como viviu o alcalde de Brión aquel día?
– O 23 F foi un dos días máis tristes. Estivemos a piques de perder aquelo que conseguíramos. Eu estaba escoitando a radio cando pasou o que pasou no Congreso, funme para o Concello–naquel momento estabamos en obras– e quedeime solo ata altas horas da mañá. Cando por fin din falado co gobernador civil e cando a cousa parecía que estaba encamiñada había unha parella de gardias civís esperándome, non sei moi ben con que intención era. Tiven a sorte de que un concelleiro os viu, e a parella díxolles que non importaba que xa virían por min ao día seguinte. Isto da unha idea da dureza do que podería ter pasado se chega a triunfar o golpe. Afortunadamente non pasou nada. Teño que dicir que ao día seguinte, ás oito da mañá, o representante daquel momento de Alianza Popular no concello de Brión sabía o que estaba pasando e veu a xunto miña e díxome que estaba alí, ao meu lado. Hai que agradecerlle o que fixo naquel momento.

– Falemos do papel da muller. Vostede tivo a primeira secretaria municipal de toda España...
– Sí, acaba de xubilarse en xaneiro deste ano. Nós cando chegamos alí tiñamos moitas ganas, pero pouca experiencia. Eu teño que resaltar, como xa fixen na súa despedida, a lealtade desta persoa aparte da súa capacidade de traballo que tivo, aínda que non coincidiamos na ideoloxía, polo que aínda ten máis mérito.

– E o resto das mulleres... ¿Cómo foi evolucionando a súa integración na corporación de Brión?
– Por aquel entón, no concello de Brión estaba a secretaria e punto, o resto eran todo homes. Hoxe en día, se calquera vai polo concello darase conta que iso cambiou por completo. Podo dicir que case o 90% do funcionariado no concello son mulleres, así como no resto das institucións públicas do concello.

O PERFIL
Naceu o 26 de setembro de 1953, en Os Ánxeles, no concello de Brión.

Foi o primeiro alcalde de Brión na democracia, cargo no que continúa dende hai tres décadas. Nun primeiro momento presentouse ao frente do grupo independente Candidatura Galega Independente. Na última lexislatura presentouse baixo as siglas do PSOE. Foi presidente e fundador da Federación Galega de Ayuntamientos Rurais, integrada na Federación Galega de Municipios e Provincias, dende 1994, sendo membro da súa comisión executiva dende esa data. En 2007, foi elixido diputado provincial.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion