versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brion, Bretemas Luzadas

[02/05/2007]

EL CORREO GALLEGO | 02/05/2007
XOSÉ MANUEL G. TRIGO PROFESOR IES DE AMES

Que ben se nota no feiticeiro libro de Luis Alonso Ocaña (presentado hai uns días en Brión) que a fotografía xa é poesía. Toda arte, chegada ao seu punto misterioso de vellez, beleza misteriosa produce. Porque poesía é todo aquilo que di máis do que di.
No libro de Luis Alonso, Brión, brétemas luzadas, os motivos referenciais fican transcendidos ou cara á evocación do pasado real e mítico, ou cara á consciencia das xeracións vindeiras, convidadas a disfrutar e conservar relixiosamente as mil paganías que aniñan nas paisaxes de Brión feitas esencias lumínicas. Brétemas luzadas é un poemario no sentido en que Auden o entende: un libro que entrega ao universo os aromas dun dos seus recunchos. Un destes perfumados fragmentos sempre é superior a todas as febres do globalismo (non confundir coa globalización) que padecemos. Aí están, estilizadas polo artista, as fontes e as fervenzas do río Chavielos, que van dar ás augas do inconsciente universal; aí están os bosques beira do Tambre, que se harmonizan co espírito do Wald (tan inadvertido ás veces polo trafego neón dos nosos días coma noites) que alenta en toda aventura humana desde a perda do paraíso. Aí están os muíños do río Traba, reducidos aos ósos das súas pedras coas que veñen matrimoniar as hedras, sempre tan enamoradas elas das obras do tempo. E aínda máis pedras cultivadas: as da gran muralla do castro Lupario, evocadora de lobas e Lupas, enfeitizada de orixes e de heráldicas, de reis terribles e de raíñas enfiando lendas de nación. "Branca era dona Lupa, branco tamén o tecer dos seus soños e coitas...", di un verso escolar e infantil no medio da mañá bretemosa dun val brionés.
Fica un compracido con estas expresións singulares dunha política cultural no sentido de dinamismo confluínte de accións e emocións cívicas. A presentación e noticia dun libro coma o de Alonso Ocaña dalle vestido ás novas formas de cidadanía activa en sinerxia con gobernos circuncompostelanos coma Brión e Ames, que saben que a cultura é o primeiro excipiente social da modernidade 



enlace a el correo gallego

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion