versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Novoneyra foi quen a introduciu nos círculos galeguistas

[04/04/2009]

O contacto co galeguismo de María Luísa López ven de lonxe, e a traveso de dous grandes amigos da xuventude no seu Monforte natal coma aos poetas Manuel María e, sobre todo, Uxío Novoneyra. Aquela amizade seguiu cos anos, porque conta que cando ela era universitaria «vivín sempre nunha residencia de monxas, as Doroteas, que estaba nunha casa da Rosaleda fronte á de García Sabell, á que Novoneyra ía tomar café cando viña por Compostela, así que ía canda el convidada. Alí coñecín a Ramón Piñeiro e a súa dona, Isabel, a a Otero Pedrayo, do que asistín á súa derradeira clase cando se xubilou, a Ogando Vázquez e a Agustín Sixto Seco, co que empecei a colaborar na miña etapa de Padrón coa Fundación Rosalía, da que el promoveu a restauración da Casa da matanza».

Ao longo da súa vida laboral, non so estaba cada día no seu despacho ás oito da mañá. Tamén formou parte durante vinte anos dos tribunais de oposición a secretarías e intervención municipais cando se descentralizaron os procesos, e deu cursos en concellos de toda a provincia e na EGAP. «E cheguei a ser directora xeral de Consumo da Xunta, porque mo pediu un amigo, sen ningún compromiso político». Foi dous meses antes da moción de censura a Fernández Albor, e non quixo seguir nun posto que lle ofreceron en Sanidade. E nas primeiras eleccións no 78 foi a número tres na lista ao Congreso do PPdeG, o partido de García Agudín, «que mesmo nos mandou a Alemaña, ao centro Adenauer, para formarnos en organización política»
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion