versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Organizan en Brión cursos para buscar traballo e facer a declaración da renda en Internet

[03/04/2009]

O Concello de Brión organizou un curso gratuíto para aprender a buscar traballo utilizando Internet. Os promotores desta actividade recordan que este mecanismo pode axudar a moitas persoas debido á actual situación de crise económica e á importancia crecente das novas comunicacións para acceder a un posto de traballo.

Este curso arrancará o próximo 27 de maio e terá unha duración de oito horas. O temario inclúe o acceso e coñecemento de distintas páxinas web nas que abundan as ofertas de emprego. Ademais, os alumnos aprenderán a realizar buscas selectivas de información para incrementar as súas posibilidades de atopar un posto de traballo.

Ademais desta actividade, os brioneses que así deséxeno poden anotarse nun curso gratuíto de dúas horas previsto para o 20 de maio para aprender a facer a declaración da renda por Internet.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion