versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión abre o prazo de renovación de matrículas para a escola infantil.

[02/04/2009]

A gardería municipal de Brión iniciou onte o período de renovación de prazas para o curso 2009-2010. Para manter a inscrición na escola, os pais e nais brioneses teñen que presentar no Centro Social Polivalente a declaración da renda do exercicio do 2007 e o libro de familia, no caso de que houbera variacións con respecto ao ano anterior. O prazo está aberto ata o próximo mércores 8 de abril. Unha vez contabilizadas as renovacións, o Concello de Brión fará público o número de prazas destinadas a novas incorporacións.

Para optar a estas novas prazas, os pais e nais deberán facer a inscrición no Centro Social Polivalente entre o 15 e 30 de abril, presentando os seus DNI, libro de familia e declaración da renda do exercicio do 2007. No curso presente e grazas á ampliación da gardaría cunha aula máis, a escola infantil de Brión puido ofertar 46 prazas de nova admisión.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion