versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Inxección provincial de 1,7 millóns para 7 municipios

[31/03/2009]

A Deputación presenta a primeira fase dun plan contra a crise ·· Recae en A Baña, Boqueixón, Brión, Frades, Ordes, Tordoia e Vedra. O último pleno da Deputación de A Coruña deu luz verde á primeira fase do Plan de Cooperación cos concellos, que inclúe a execución de 30 proxectos en 22 municipios da provicia, dos cales sete pertencen á bisbarra de Terras. En total, neste ámbito recaerá unha partida de 1.779.087,29 euros para oito obras, nos concellos de A Baña, Boqueixón, Brión, Frades, Ordes (2 actuacións), Tordoia e Vedra.

Na Baña acometerase o abastecemento de San Mamede por 460.047 euros; en Boqueixón o de A Espiñeira, Lamas, por 155.895 euros; en Brión levarase o saneamento a Saíme, Gosende e Souto. Pola súa banda, en Frades distribuirase a auga potable a Abellá, por 419.103 euros e en Ordes desenvolveranse dous proxectos: o abastecemento e saneamento da rúa Buscás (155.471 euros) e o de Cabeza de Lobo e A Carballeira (157.805 euros).

Finalmente, en Tordoia levarase tamén o saneamento a Seixán (Cabaleiros) por 121.836 euros e en Vedra ampliarase a rede de abastecemento en Ponte Ulla (132.853 euros).

Outras actuacións

Por outra parte o pleno corporativo aprobou tamén o reformado do proxecto de mellora da CP 2404 dende Laracha a Golmar, entre os puntos quilométricos 11,850 e 13,710, no concello de Cerceda.

Outra partida destinarase a actuacións nos campos de fútbol de herba artificial e, en concreto, á dotación de iluminación. Neste concepto incluiranse obras para Ames, Negreira, Tordoia e Trazo. No caso amiense reformarase a instalación eléctrica do campo de fútbol de Bertamiráns (868.967 euros). En Negreira dotarase de iluminación ao campo de fútbol de Cepelo (110.355 euros); en Tordoia realizarase o mesmo traballo no campo de herba de Gorgullos (69.988 euros) e en Trazo construiranse as bancadas do campo de Chaián.

No capítulo de acción social e cooperación solidaria aprobouse unha partida de 65.000 euros para o equipamento dun centro ocupacional en Rois a través dun convenio con Amipa.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion