versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Oito concellos recibirán máis de dous millóns para servizos básicos

[30/03/2009]

A Deputación financiará obras en A Baña, Boqueixón, Brión, Frades, Ordes, Toques, Tordoia e Vedra. Oito municipios da área de influencia de Santiago foron incluídos pola Deputación de A Coruña na primeira fase do Plan de Cooperación cos concellos, que, tras a súa aprobación onte por parte do pleno provincial, fará efectivos investimentos por valor de 2.094.344 euros en A Baña, Boqueixón, Brión, Frades, Ordes, Toques, Tordoia e Vedra. O presuposto, que se repartirá en diferentes contías, destinarase en todos os casos a acometer proxectos vinculados coa mellora de servizos básicos como son os de abastecemento de auga e saneamento.

A Baña será o concello que reciba máis cantidade con cargo ao programa provincial, que lle reportará, en concreto, 460.047 euros para dotar de rede de abastecemento á parroquia de San Mamede. Na distribución de auga potable no núcleo de Abellá inverterá o Concello de Frades os 419.103 euros que lle corresponden. Pola súa banda, Ordes, o terceiro municipio da zona que máis recibirá da Deputación, acometerá o saneamento e abastecemento na rúa Buscas, e nos lugares de Cabeza de Lobo e A Carballeira. A inversión en senllos proxectos ascende a 313.276 euros.

Outras dúas actuacións executará o Concello de Vedra cos 238.113 euros que lle achegará o Plan de Cooperación da Deputación coruñesa. A administración municipal destinará unha partida de 132.853 euros á ampliación da rede de abastecemento en Ponte Ulla, e 105.259 euros a ampliar a infraestrutura de saneamento en Paradela. ?En tres núcleos parroquiais despregará a rede de abastecemento o Concello de Toques cos 210.000 euros que lle corresponden do programa provincial. As obras executaranse en Paradela, Santa Mariña e Vilouriz.

O Concello de Brión tamén destinará o presuposto da Deputación a acometer obras básicas en tres lugares. Recibirá 176.074 euros para o servizo de saneamento en Saíme, Gosende e Souto. Un total de 155.895 euros achegará o organismo provincial ao Concello de Boqueixón para a rede de abastecemento de, entre outros lugares, A Espiñeira, no núcleo de Lamas. Por último, o ente provincial ingresará nas arcas municipais de Tordoia 121.836 euros, que se destinarán ao saneamento de Seixán, en Cabaleiros.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion