versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A estrada comarcal de Noia xa soporta nestes momentos un tráfico de 10.000 vehículos diarios

[25/03/2009]

A transformación do corredor Brión-Martelo en autovía é unha decisión que lle corresponderá ao novo Goberno autonómico, pero o equipo saínte considera que as cifras de circulación do tramo da estrada comarcal ata a costa de Noia, cuns dez mil vehículos diarios de media, fan pensar xa que esta ampliación se deba executar máis pronto que tarde.

Outro dos aspectos que poderán cambiar, tal e como onte recoñeceu a propia Caride, é a solución final para a variante de Noia. A conselleira en funcións afirmou que a proposta do seu goberno pasaba por unha rexeneración da ría e por unha solución viaria que, aínda que máis custosa, (sesenta e cinco millóns de euros) ao seu xuízo vertebra mellor o territorio.

Iso si, Caride recordou que o Plan Director de Estradas de Galicia establece que esta nova infraestuctura sexa autovía entre Santiago e Noia no umbral do 2015. Tamén emprazou os futuros gobernantes a que asuman «con complicidade» as obras pendentes e mantendo «unha adrede polas empresas galegas partícipes na obra pública que estamos desenvolvendo».
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion