versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: , 22 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O corredor Brión-Martelo estará listo para principios do 2010

[25/03/2009]

O proxecto xa inclúe as expropiacións e a reserva de terreo para a súa futura conversión en autovía. A autovía Santiago-Brión, pola que circulan de media máis de vinte mil vehículos diarios, terá continuidade ata a zona de Martelo (Rois) nun prazo aproximado de dez meses. Así anunciouno onte a conselleira de Política Territorial en funcións, María José Caride, quen tamén deixou á responsabilidade do futuro goberno do PP na Xunta o prazo definitivo para que este tramo de corredor se transforme en autovía.

No horizonte de xaneiro do 2010 e tras unha inversión de noventa millóns de euros, Caride destacou que esta obra, de nove quilómetros de trazado, estará operativa para entón como corredor, con carrís lentos en case todo o percorrido, con todos traballos previos para a súa ampliación como autovía e sen que estas obras afecten ao tráfico durante a súa posible execución.

Como exemplo desta proba do deber ben cumprido, a conselleira en funcións explicou que todos os pasos de servidumes da futura estrada xa se deseñaron con ancho para soportar seis carrís.

María José Caride formulou este cálculo na confluencia dos tramos Brión-Martelo e Martelo-Noia, enclave ao que onte se desprazou encabezando un séquito de técnicos, enxeñeiros e xornalistas. Neste contexto confirmou que nestes momentos xa están executados o 70% dos traballos de movemento de terras correspondentes ao tramo Brión-Martelo, mentres que no seguinte xa están practicamente concluídas as tarefas de roza do monte.

A evolución dos trabajoss poderían permitir un adianto dun mes sobre o calendario previsto (febreiro do 2011). O proxecto desta terceira fase conclúe no lugar de A Pasaxe, ao inicio da nova ponte sobre a desembocadura do río Tambre, a dous quilómetros do centro urbano de Noia.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion