versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión expón os planos para sesenta chalés en Liñares

[24/03/2009]

O Departamento de Urbanismo do Concello de Brión exporá ao público, durante o próximo mes, o expediente dos plans de sectorización do Chan Rústico Apto para Urbanizar (SRAU) de Liñares 1 e Liñares 2 (na parroquia de San Fins) presentados pola empresa Ofir Inversiones SL. Estes plans, que xa están a disposición dos interesados en examinalos, poderán ser consultados por todas as persoas que o soliciten os que poderán presentar as alegacións que consideren oportunas.

Esta fase de exposición pública é un paso máis na tramitación deste expediente previo á súa remisión á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, organismo que será o encargado de aprobar ou non este plan.

Estes proxectos afectan a un chan rústico apto para urbanizar onde se propón a construción de vivendas unifamiliares de baixa densidade, cunha edificación máxima de 0,3 m2 e con amplas zonas verdes.

Un proxecto que, de recibir o visto bo da Xunta, podería supoñer a construción dunhas sesenta novas vivendas en Brión, que resiste deste modo o parón inmobiliario.
 



Enlace a Tierras de Santiago

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion