versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 17 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

O Concello de Brión promove unha viaxe cultural a Lanzarote para os seus maiores

[21/03/2009]

O Concello de Brión organiza unha viaxe para a terceira idade a Lanzarote (Illas Canarias), que terá lugar do 16 ao 23 de abril. Tras o éxito de participación en anteriores edicións, o Concello decidiu ofertar ata un máximo de cen prazas nesta nova viaxe destinada a maiores de 55 anos e os seus cónxuxes e que ten programadas seis excursións a distintos enclaves turísticos da illa.

O prezo da viaxe é de cincocentos euros por persoa, tarifa que inclúe voo directo dende Santiago, traslados en autobús, participación en todas as excursións e sete noites de aloxamento en réxime de pensión completa no Hotel Barceló Lanzarote Resort, de catro estrelas e que dispón de piscinas, praia e actividades de animación tanto diúrnas como nocturnas.

Na viaxe a Lanzarote, os maiores brioneses realizarán pequenas excursións ás localidades de Arrecife, San Bartolomé, Porto do Carmen, Teguise e Los Jameos del Agua. O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 13 de abril no centro social polivalente e as prazas serán outorgadas por rigorosa orde de inscrición, como sucedeu na edición do ano pasado.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion