versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Xoves, 24 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Douscentos alumnos do Val de Amaía e Negreira aprenden a evitar o consumo de tabaco

[18/03/2009]

Un total de 194 alumnos de secundaria dos institutos de Ames, Brión e Negreira participaron nas últimas semanas en sesións informativas do plan de drogodependencia, promovido en conxunto polos tres concellos para evitar entre a poboación máis nova o consumo de estupefacientes.

Estas sesións centráronse en evitar o consumo de tabaco e o alcohol demostrando con sinxelos experimentos (unha botella, un anaco de algodón e un pitillo) os efectos que o tabaco ten nos pulmóns.

O primeiro instituto no que se organizaron estas charlas foi no de Negreira, que concluíu o ciclo de actividades hai practicamente un mes. Seguírono os alumnos do instituto de Brión, que pecharon este programa a semana pasada. Nestes momentos o programa desenvólvese en Ames. Así, na xornada de onte correspondeulle a quenda aos alumnos do primeiro curso diso. A seguinte actividade corresponderalle aos escolares de segundo curso e así sucesivamente ata que o próximo luns conclúa este ciclo informativo.

Rematada a programación cos escolares secundaria, corresponderalle a quenda aos alumnos de primaria.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion