versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A Xunta investirá 5 millóns no tramo de autovía Brión-Martelo

[19/03/2009]

A partida servirá para desdobrar o tramo de 18 quilómetros en autovía e sen interferir no tráfico. O último consello de la Xunta de Galicia aprobou unha partida económica de cinco millóns de euros para garantir o futuro desdobramento en autovía do tramo entre Brión e Martelo, que dá continuidade á autovía Santiago-Brión, a AG-56.

Este tramo mide 18 quilómetros e está en obras dende xaneiro do ano pasado. Inicialmente, o proxecto deseñouse con características de vía rápida, pero os actuais gobernantes en funcións acordaron ampliar o trazado para que tivese características de autovía. A aprobación onte do desdobramento deste tramo, e a reserva de cinco millóns de euros para executalo, supón a confirmación definitiva da viabilidade do proxecto.

Tal e como manifestou o presidente da Xunta en funcións, Emilio Pérez Touriño, «nós revisamos todas ás actuacións con características de vías rápidas para pasar a outro tipo de prantexamento a realización de infraestruturas».

Debido ás características do acordo de onte, os traballos de desdobre da autovía poderanse levar a cabo sen que isto afecte á circulación viaria e cun custo relativamente reducido para unha actuación de semellante envergadura.

A autorización desta obra supón dar continuidade ao proxecto de autovía dende a capital de Galicia ata a costa de Noia, cun presuposto conxunto que rolda os 280 millóns de euros.

O tramo operativo nestes momentos da AG-56 é de 13 quilómetros entre os municipios de Santiago, Ames e Brión. Aberta dende febreiro do 2007, esta autovía ten un elevado volume de tráfico e permitiu desconxestionar a comarcal de Noia, sobre todo ao seu paso pola área urbana de Bertamiráns. Segundo os primeiros datos oficiais de Política Territorial, durante o seu primeiro ano de apertura esta vía tivo unha media de máis de 22.000 vehículos diarios dos que unha pequena parte utiliza todo o tramo e continúa en dirección a Noia.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion