versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

Brión ofrece 80 prazas para participar en talleres infantís e xuvenís en Semana Santa

[04/03/2009]

O Concello de Brión abriu o prazo para inscribirse nos talleres infantís e xuvenís que programou para Semana Santa, que ofrecen 80 prazas para veciños de entre 3 e 15 anos. Facilitar a conciliación da vida familiar e laboral durante ese período de vacacións escolares é o obxectivo das actividades, que se desenvolverán os días 6, 7 e 8 de abril no centro escolar de Pedrouzos.

O próximo día 27 finaliza o prazo para tramitar a solicitude de participación nos talleres, que teñen un prezo de 10 euros. O Concello brionés ofrecerá servizo de transporte gratuíto para facilitar a asistencia dos participantes, aos que se recollerá nas habituais paradas do bus escolar.

Os talleres de Semana Santa forman parte da programación que a área municipal de Cultura está a ultimar co ánimo de fomentar o hábito da lectura entre os veciños. Así, os pequenos de casa poderán participar en actividades vinculadas a esa práctica como sesións de cuentacuentos, mentres que para os adultos se preparan iniciativas de carácter audiovisual.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion