versión accesible aviso legal axuda
briondixitalaxua á navegacion
banner
menus
Data: Domingo, 19 de Novembro do 2017
     

novas

 

FOTO

A mostra provincial sobre o cambio climático chega a Brión

[03/03/2009]

A mostra O Cambio Climático ten previsto recalar en Brión tras un exitoso paso por Padrón. Alí estaba previsto que se clausurase o pasado xoves, para logo recolocala en Pedrouzos, segundo apuntaba a responsable da área de Cultura da institución provincial, Caridade González Cerviño, do PSOE.

A mostra consta dun conxunto de nove paneis nos que se reflexiona, dende un punto de vista didáctico, sobre o impacto do cambio climático, e o compromiso coa sostenibilidad. Ademais, consta dunha ecoesfera a través da que se recrea un sistema de vida en equilibrio, baseada nun sistema deseñado polos técnicos da NASA. A exposición compleméntase con outras dúas esferas, recreándose nunha delas a atmosfera do futuro, así como cun ordenador no que os visitantes poderán calcular a pegada ecolóxica.

Ademais, exhibirase un documental con imaxes do planeta realizadas pola NASA.Desde o Concello ofreceron o local polivalente para abrir a mostra, en data aínda por fixar.
 



Enlace a La Voz de Galicia

 

Comentarios


Escribe aquí os seus comentarios. Para facelo é necesario estar rexistrado. Se non o estás:



       
Alias:
Clave:
Título:
Comentario  
 
 
 
briondixital.org non se fai responsable das opinións dos lectores e eliminará os comentarios que considere ofensivos ou vulneren a legalidade.
 

 

[ VOLVER ]

(c)
correo privado webmail mapa web paxina de inicio engadir a favoritos concello de brion infobrion Xunta - innovacion